Esta iniciativa xorde dende a Xunta Directiva da Delegación de Lugo do COAG, que se pon en contacto con CYPE Ingenieros para se materializar coa firma dun convenio de colaboración. Posteriormente, esta idea esténdese á Xunta de Goberno que a ten asumido como propia.
Ó longo dun ano realizouse a tradución do Xerador de prezos; neste traballo participaron Marcos Pérez Cachafeiro e Montserrat Sobral Dorado, do estudo de arquitectura Ideo; coordinados con Asunción Álvarez Touriño, licenciada en Filoloxía Galega.
CYPE Ingenieros agradece a colaboración inestimable do arquitecto Alberte González Rodríguez, Presidente da Delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia, do resto do Colexio e de todos os profesionais que teñen intervido para ofrecer o Xerador de prezos en galego e garantir ó usuario unha ferramenta completa e sempre actualizada.
Na actualidade, e para revisións da v.2009 de CYPE Ingenieros, tamén se está traballando para traducir o programa Arquímedes, co que o usuario poderá obter en galego os orzamentos e medicións do seu proxecto, utilizando os prezos do Xerador de prezos.
O Xerador de prezos da construción
O Xerador de prezos saiu ó mercado en maio de 2004. Dende entón ten gozado de grande aceptación entre os técnicos que utilizan o programa para obter orzamentos axustados á realidade construtiva.
Non só a distribución entre os técnicos afianza o Xerador de prezos coma ferramenta imprescindible, senón o seu uso en Internet . A posibilidade de obter os prezos online afianza o uso maioritario do programa entre os profesionais implicados no proceso construtivo.
As súas cualidades convérteno nun asistente de deseño para o profesional , quen pode, deste xeito, valorar o impacto económico das decisións e optar polas solucións construtivas máis axeitadas en función da norma e as características do produto.
- Axuste paramétrico de todas as variables xeográficas, tipolóxicas e de mercado.
- Acceso ós produtos dos fabricantes e definición paramétrica das solucións construtivas.
- Actualización periódica de prezos, materiais e solucións técnicas.
- Posibilidade de exportar directamente a Arquímedes®, Presto®, Microsoft® Excel e formato FIEBDC-3.
- Sistema de clasificación gráfico e paramétrico . Subministra máis prezos que ningún outro banco de prezos, sen embargo, reduce o número de partidas á vista, o que facilita a rápida localización destas.
- Detallada descrición con descomposicións minuciosas das partidas e completa guía de uso e mantemento.
- Prego de condicións adaptado ó Código Técnico da Edificación (CTE).
- Enlaces á Normativa de carácter xeral e específica de capítulos e subcapítulos, facilitada por colectivos coma Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM), Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Fundación para a Investigación e Difusión da Arquitectura de Sevilla (FIDAS), etc.